IMG_4020

O PP de Teo denuncia os más de 42.000€ gastados por Lemus en informes

O Plan Teo 2030 e o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) custoulle aos teenses máis de 42.000€. O último deles ponse esta semana a exposición pública. Ao igual que ocorrera co primeiro, o PMUS relata aquelo que ven demandando a veciñanza e o grupo popular en Teo dende hai anos. Nel evidénciase a falta de planificación do proxecto estrela de mobilidade do bipartito, o TeoBus.

Este pasado martes a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, facilitáballe ao grupo popular o novo PMUS anunciando a súa exposición pública. Nel danse a coñecer datos relativos ao mal estado e falta de beirarrúas, á escaseza de frecuencias dos buses ou falta de conexións das liñas.

Para José Manuel Guerra a concelleira Lemus "volveu tirar cos cartos tal e como fixera co Plan 2030 porque este novo informe non fai máis que repetir aquelo que están fartos de dicir os veciños dende hai anos. Para saber que o TeoBus é un fracaso non fai falta gastar varios miles de euros. Se a señora Lemus escoitara á veciñanza podería aforrar todos eses cartos."

Os concelleiros populares manifestan o seu pleno convencemento de que a concelleira Lemus "o único que está a facer é gañar tempo presentando estes "plans-fume" á espreita de que se esgote a lexislatura e non facer o que ten que facer: o novo PXOM". Os populares recordan que xa pasaron máis de dous anos dende que a responsable do PSOE de Teo anunciara a súa revisión e aínda "non redactou unha soa liña".

Un proxecto feito despois de poñer un servizo en marcha
Ademais disto, os concelleiros do principal grupo da oposición inciden na fractura de goberno que representa este informe. Por unha banda, elabórase despois de poñer en marcha o TeoBus -cando o lóxico tería sido crealo antes de activar o servizo- o cal evidencia a falta de coordinación entre PSOE e Mareas. Mais, pola outra, Lemus (PSOE) golpea directamente a xestión da concelleira responsable de mobilidade, Conchi García (Mareas), evidenciando o fracaso do TeoBus, a súa falta de planificación e dimensionamento tal e como ven denunciando o grupo popular dende o inicio da lexislatura.

Ao fío desta cuestión, os populares recalcan: "que a mobilidade en Teo nesta lexislatura foi un fracaso a conta do TeoBus é incuestionable. Que a concelleira Lemus gaste máis de 42.000€ en informes que din o que leva manifestando a veciñanza dende hai anos é insultante. Pero que aproveite para cargar contra os seus propio socios de goberno é todo un feito."

Deja una Respuesta