FullSizeRender 7

O PP de Teo exige disculpas ao alcalde tras un "insulto inaceptable"

As salidas de tono, os exabruptos e os insultos xa son unha constante en boca do alcalde de Teo. Son a resposta que dá Rafael Sisto por sistema en canto recibe a crítica da oposición, o que pon de relevo o déficit democrático do alcalde para aceptar as discrepancias. Os populares teenses convocaron unha rolda de prensa esta mañá na que participaron o voceiro José Manuel Guerra e o número dous do PP teense Antonio R. Sánchez para esixir disculpas públicas do alcalde. En palabras do portavoz, "a discrepancia en calquera tema non xustifica que os insultara chamando sinvergüenzas", tal e como publicou un medio no día de onte.

Logo de que a Alcaldía procurara "despachar" a falta de seguro obrigatorio nos coches do concello dicindo que era unha "tontería", e tras "mandar á merda" aos edís populares nun recente pleno, agora sobe un tono máis e chega ao insulto. Rafael Sisto chama "sinvergüenzas con todas las letras" aos populares teenses por esixir unha solución ao problema histórico de vertedura de fecais nos Verxeles que veñen reclamando dende hai cinco anos.

Polas explicacións dadas en rolda de prensa, os populares non comprenden por qué o alcalde se amosa tan "nervioso" últimamente. Descoñecen se se debe a algunha cuestión sen resolver do Concello ou se, logo dun ano no cargo, está amosando a súa auténtica face. "Deu continuas mostras de que non sabe xestionar as crises, os exabruptos e os berros nos plenos son permanentes, non tolera a opinión da oposición e agora traspasa todos os límites co insulto. O Alcalde non é digno do cargo que ocupa", sentenciaba o número dous do PP teense, Antonio R. Sánchez.

Centrando a atención na nota de prensa que provocou o malestar da Alcaldía, os concelleiros populares explicaron na súa comparecencia que "non fixeron máis que dicir que o bipartito estaba a convertir en crónicos os problemas medioambientais derivados das verteduras" e amosaron o dato que sustentaba tal afirmación. "En novembro do ano 2004, os medios facíanse eco da denuncia que facía o propio Sr. Sisto estando na oposición pola vertedura de Pontevea. Leva nove anos gobernando e non moveu un só dedo para solucionalo. Acason non é isto convertir un problema nalgo crónico por inacción?"
Poñendo o foco sobre o problema dos Verxeles, explicaron que a vertedura derívase de dúas cuestións que dependen estrictamente do Concello: o estado da rede municipal de saneamento e o mantemento da bomba ubicada por debaixo da urbanización. Ambas, competencia do Concello. Ambas, competencia daquel que chama "sinvergüenzas" ao principal partido da oposición por facer o responsable traballo de denuncia.

Os edís populares remataron a súa comparecencia manifestando o seu hartazgo de que o bipartito soamente saiba botar a culpa á Xunta dos seus graves problemas de xestión. A Xunta é a culpable de todo e non asumen unha soa responsabilidade porque lles resulta máis rendible políticamente. Para aquelo que non teñen competencias, fan pancartas. E nas que sí, como é o saneamento, non fan o que lles corresponde.

Deja una Respuesta