IMG_3106

O PP de Teo explicacións ao Concello polos 22.000 euros dun video

O grupo popular formaliza por rexistro unha batería de preguntas para que se dean a coñecer pormenorizadamente os traballos realizados pola Fundación Galicia Sustentable por importe de case 22.000 euros pola realización dun vídeo. O grupo adopta esta iniciativa ante o silencio da concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, sobre a pregunta relativa a este caso realizada o pasado día 12 de decembro a través dos medios de comunicación.

A Fundación Galicia Sustentable emitiu dúas facturas polas que percibiu unha suma total de 21.659€ segundo puido comprobar o principal partido da oposición no seu traballo cotián de revisión de facturas hai máis dun mes. Esta cantidade roza o límite anual do pago legalmente establecido para contratos menores. Trátase de dous abonos realizados pola tesourería do ente municipal por importes de 8.470€ e 13.189€.

Os populares reclaman que se facilite toda a información á veciñanza porque consideran que os traballos que se deron a coñecer públicamente non concordan coa cantidade cobrada. Tal e como fora explicado hai un mes, ata onde se fixo público, a Fundación Galicia Sustentable elaborou un video no que se recollían opinións do "Teo que se quere construir cara o 2030" por encargo da Concellería de Urbanismo dirixida por Uxía Lemus. Segundo trascendeu, compiláronse datos -moitos dos cales son estatísticas públicas- e isto presentouse a través dunha web. Fíxose un video e unha charla en Cacheiras antes do verán na que se presentou o resultado do proxecto.

"Se estes foron todos os traballos que se fixeron a candidade resulta desorbitada e por tal motivo a concelleira Lemus debería dar a coñecer pormenorizadamente o detalle das accións que se levaron a cabo e que xustifiquen tal desembolso dos petos dos teenses", recalca José Manuel Guerra.

O grupo popular, que fora convidado a participar no video, rexeitou dende o primeiro momento intervir no mesmo para non ser cómplice do que resulta unha "auténtica pantomima" creada a modo de cortina de fume para ocultar a carencia de traballos sustanciais, como a redacción do novo PXOM, plan que leva case dous anos á espera de que o executivo local se digne a elaborar o primeiro renglón.

Deja una Respuesta