foto guerra

O PP de Teo pide explicacións sobre a subida do recibo do lixo

José Manuel Guerra quere saber qué está a pasar cos recibos do lixo. Veciños de diferentes zonas de Calo puxéronse en contacto co lider da oposición para facerlle saber que "sen previo aviso" o recibo do lixo incrementouse de 47€ a 68€ e que precisan unha explicación. Dende o grupo popular inicialmente consideraron que se podía tratar dun "erro" da administración pero o certo é que as chamadas sucédense e afectan a varios fogares de varios núcleos.

A ordenanza fiscal que regula a taxa do lixo establece dous tipos de tarifas aplicables ás vivendas: 68€ para as vivendas sitas en núcleos urbanos e 47€ para aquelas outras ubicadas no medio rural. Ata onde puido coñecer o grupo popular, de forma sorprendente e inesperada, diferentes fogares de Ameneiro, Carballal e Balcaide sufriron este ano a suba dos 47€ aos 68€. Por unha banda, para a veciñanza resulta inexplicable que se aplique esta suba cando non se produciu ningunha mellora no servizo. Pero, para maior contradición, o que parece máis sorprendente é que se apliquen diferentes tarifas a fogares contiguos.

Unha vez esclarexados e contrastados estes feitos "cos recibos na man", o lider do PP teense esixe unha "explicación convincente do equipo de goberno, xa que últimamente parece que se lle acumulan os problemas coas taxas: primeiro foron uns cobros indebidos no ximnasio da Ramallosa, logo a suba indiscriminada do IBI e agora esta suba sorpresa sen aparente xustificación dos recibos do lixo. Espero que sexa un erro e que, de demostrarse, o Concello devolva os 21€ de diferencia aos fogares afectados. Esperaremos ás explicacións da Alcaldía". Fora un erro ou non, unha vez máis somos os veciños os que temos que pagar os erros, desmanes, propósitos e despropósitos do goberno bipartito.

Deja una Respuesta