13903234_1265058200195052_4400388079774916539_n

Denuncian irregularidades no proceso de contratación de dúas persoas para o SAF de Muxía

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, denunciou hoxe a existencia de irregularidades no proceso de contratación de dúas das persoas que participan no Servizo de Atención no Fogar (SAF).

Os populares explicaron que detrás da contratación destes traballadores, por un período aproximado de 6 meses, escóndese unha forma “encuberta de meter a dedo ás persoas que lle interesa ao alcalde”, tendo en conta que a empresa externa, subcontratada polo Concello de Muxía e que se encarga de todo este trámite, “non fai proceso de selección, nin anuncia na web municipal a apertura deste expediente”.

“Estamos a falar dun claro exemplo de escurantismo no proceso de selección. O executivo local quererá lavarse as mans alegando que a responsabilidade é da empresa encargada, pero é chamativo que unha das persoas elixidas o ano pasado foi a irmá dun concelleiro e que, posteriormente, estes traballadores foron tamén elixidos para as prazas que outorga o Concello”, subliñou Vilela.

Mesmos criterios para todos
Ante esta situación, a portavoz popular reclama que a contratación destes dous traballadores siga os mesmos criterios que existen para adxudicar as outras nove prazas que si dependen do executivo local.

“Neste caso, o Concello fai un exame e leva a cabo unha selección antes de adxudicar as prazas que son nove por dous meses cada unha”, explicou Vilela, quen indicou que, si o rexedor, Félix Porto, non ten nada que esconder detrás da repartición do resto de vacantes, “non se entende que non sigan o mesmo proceso de selección”.

Por ultimo, desde o grupo municipal do Partido Popular de Muxía cualifican esta maneira de actuar de “pouco moral”, e lembran que todos os veciños do municipio deben ter “as mesmas oportunidades” á hora de acceder a un posto de traballo “con independencia da papeleta que introduzan nas urnas”.

Deja una Respuesta