FOTO CEMENTERIO

O PP denuncia o mal estado no que se atopa o cemiterio municipal da Atalaia

O Grupo municipal do Partido Popular de Muros, encabezado pola súa portavoz, Inés Monteagudo, denunciou hoxe o estado de abandono e deterioro no que se atopan as instalacións do cemiterio municipal da Atalaia, e anunciou que presentará unha moción no próximo pleno instando ao goberno local a que redacte un proxecto de acondicionamento e habilite unha partida orzamentaria para manter o recinto.

En concreto, os populares, que recolleron numerosas queixas veciñais, puxeron de manifesto o mal estado do acceso principal, a zona central e as ramplas de subida, así como as gretas, as manchas nas paredes e a inexistencia de axardinamento que hai no recinto.

“Basta con botar unha ollada para darse conta de que non chega cunha simple limpeza e é necesaria unha intervención máis profunda”, afirmou Monteagudo, quen reclamou ao goberno local que lle devolva ao lugar a “dignidade que se merece”.

Ademais, o grupo popular fixo fincapé en que, aínda que ningún cemiterio da parroquia está nunha situación tran “grave” como o da Atalaia, o certo é que tamén necesitan melloras na súa conservación.

Deja una Respuesta