IMG-20170311-WA0013

O PP denuncia o total abandono do mantemento das pistas polideportivas en Camariñas

Dende o PP de Camariñas queremos denunciar o total abandono e desinterés que existe por parte do concello a hora de manter en condicións as pistas polideportivas que existen en varios pobos do Concello; como son Arou, Camelle e Santa Mariña.

Posto que en breve se presentarán os presupostos, gustaríanos que se destinase unha partida para facer unha pista polideportiva en Camariñas, que non hai, e que se faga o mantemento nas demáis pistas do Concello que están moi necesitadas de ser arranxadas. Facilitando así que os nenos do noso concello poidan desfrutar do deporte e lecer sen correr ningún tipo de risco.

Deja una Respuesta