IMG_4298

O PP denuncia "oscurantismo" na la licitación da nova pista de xeo

O Grupo Municipal Popular salienta o escurantismo de Compostela Aberta no novo procedemento de licitación da pista de xeo e advirte da falta de transparencia ao impedir que os grupos da oposición asistan á suposta mesa de contratación. Os populares consideran que hai “moitos puntos estraños” arredor da contratación da pista de xeo que o goberno debería explicar de xeito inmediato, tal e como se pon de manifesto na “ausencia de funcionarios que dean o seu visto bo á tramitación da nova licitación”. “Non só -salientan- estamos ante un desprezo ao criterio de traballadores que son fundamentais no proceso de adxudicación, senón que ademais engade máis sombras á contratación deste concello”.

Asemade e tras estudar o expediente levado a Xunta de Goberno Extraordinaria, celebrada o pasado venres, os populares comprobaron importantes diferenzas con respecto á licitación anterior fracasada. Neste senso, advirten de que a pista será de menor tamaño e de que os prezos a pagar polos usuarios poder ser maiores do esperado. Do mesmo xeito, o novo contrato tampouco contempla xornadas de portas abertas, coa conseguinte diminución de oportunidades para o achegamento da xente e, conseguintemente, o pequeno comercio.

Os populares poñen de manifesto, tamén, que o Goberno local está privilexiando á empresa adxudicataria asumindo o alto custe do subministro eléctrico, “beneficio que non se lle ofreceu a outros posibles licitadores hai unhas semanas”. O Grupo Municipal Popular pedirá máis explicacións ao Goberno local para coñecer a verdadeira causa do atraso na tramitación, se esta debeuse á unha falta de interese do Goberno local ou a unha falta de solidariedade orzamentaria entre os seus membros.

Deja una Respuesta