FOTO DÉPOSITO AGUA

Risco para a saúde a falta de limpeza do depósito de agua de Tortela

O Partido Popular de Cariño, encabezado pola súa portavoz, Marta López Pena, denunciou hoxe que a falta de limpeza e de mantemento do depósito de auga da Tortela supón un risco para a saúde dos veciños.
Os populares trasladaron esta petición ao pleno do pasado xoves, despois de que varios veciños se queixasen hai semanas ao Concello de Cariño deste problema, e despois da negativa do executivo local a levar a cabo algún tipo de actuación para solucionalo.

“Estamos a falar dun depósito que constitúe a principal fonte de abastecemento de auga do municipio”, explicou López Pena, quen subliñou que é “incompresible” que o executivo local mantéñao sen limpar e cuberto de maleza.

Sobre este asunto, a portavoz dos populares insistiu en que esta falta de mantemento pode xerar algún tipo de contaminación na auga, co problema que iso suporía para a salubridade dos veciños de Cariño.

“Cada segundo que o goberno local non toma medidas é un segundo máis no que estamos a poñer en perigo a saúde dos veciños”, alertou López Pena, quen instou ao alcalde, José Miguel Alonso, a tomar medidas urxentes neste asunto.

Deja una Respuesta