FullSizeRender 7

O PP denuncia un deficiente traballo de mantemento das vías de Teo ante as xeadas

Concello de Teo está a realizar un deficiente traballo de mantemento das pistas en inverno, de xeito que únicamente estaría botando sal a demanda concreta dos veciños en tramos determinados, pero non de forma xeralizada e preventiva.

Un recente episodio pon de relevo esta falla de mantemento. En datas recentes tivo lugar un accidente no vial que une Luou con Lampai, cuxo estado sorprendeu á veciñanza que pasaba polo lugar ou se achegaba para prestar asistencia. A xeada era intensa e a pista non fora tratada con sal.

Segundo puido coñecer o Partido Popular, durante este inverno soamente se está a intervir botando sal baixo demanda cando hai unha chamada previa dos veciños, pero non se actúa con carácter xeral e preventivo como corresponde.

Ante esta situación, o portavoz do grupo popular, José Manuel Guerra, pide información ao alcalde acerca do mantemento que se está facendo dos viales este inverno e esixe que se leve a cabo un labor preventivo, para evitar incidentes na circulación a causa das xeadas.

Deja una Respuesta