unnamed

O PP esixe a revisión do proxecto do novo campo de fútbol de Oroso

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, presentou nos últimos días un escrito elaborado de maneira conxunta coa formación independente, Oroso Renovable, na que ambos partidos esixe ao goberno local a revisión integral do proxecto do novo campo de fútbol do concello, sito na parroquia de Oroso.

 

Ambas formacións aseguran que a actuación prevista polo executivo local reduciría as dimensións do campo, pasando dos 100x60 metros do actual aos 100x50 metros do previsto. “Recollemos as queixas de exxogadores, directivos e afeccionados e todos entenden que o campo quedaría moi estreito para a práctica do fútbol e que non cumpriría coas recomendacións mínimas para as competicións oficiais”, apunta José Manuel Miras, portavoz dos independentes de Oroso Renovable, quen subliña que a parcela é o “suficientemente ampla” como para non ter que reducir o terreo de xogo.

 

Nesta mesma liña, os populares fixeron fincapé en que “estamos ante unha das actuacións con maior orzamento e non imos consentir que se faga de calquera xeito”, dixo Doval, quen reclamou que o goberno local non cometa os mesmos erros que tivo na planificación doutras instalacións.

 

“Estamos ante a oportunidade de levar a cabo unha obra que nos permita contar cun campo de fútbol referente na comarca”, insistiron os dous partidos, quen piden ao alcalde, Manuel Mirás, que non se se “atrincheire” e escoite as demandas dos usuarios.

 

Mellor iluminación

Así mesmo, o escrito presentado tamén recolle as queixas pola deficiente iluminación prevista para o campo de fútbol. “O proxecto estipula a colocación de iluminación de carácter público urbano, cando se deberían utilizar torretas de iluminación como as que existen no campo de fútbol de Liño Balado”, apuntan.

 

Ademais, outras das demandas afectan á mellora da estrutura e o acceso aos vestiarios, para o que ambas as formacións insisten na necesidade de adecualos á normativa de accesibilidade. “

 

Deja una Respuesta