Entrada Porto Avieira 1

O PP exige un Plan de Humanización Integral para a urbanización Porto Avieira

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, esixiu hoxe ao goberno local que poña en marcha un Plan de Humanización integral para levar a cabo melloras na urbanización Porto Avieira.

 

Os populares, tras reunirse cos propietarios destas vivendas, puideron constatar que as promesas do executivo local “caeron en saco roto”, e subliñaron que as actuacións que se están levando a cabo na actualidade, cun orzamento de 156.505 euros  -asfaltado na rúa María Casares e renovación do saneamento na rúa Celso Emilio Ferreiro- “non son máis cun parche”.

 

“Somos conscientes de que a nosa proposta é ambiciosa, pero nesta urbanización con máis de 250 vivendas hai moitos veciños,  que pagan os impostos igual que o resto, que compraron as súas vivendas cunhas expectativas e que non se viron cumpridas”, dixo Doval

 

Por todo iso, os populares reclaman un plan no que se inclúan melloras no parque infantil, nas beirarrúas, na pavimentación das rúas, ademais de levar a cabo a renovación da iluminación, o arranxo da pista multideporte, o coidado das zonas verdes de propiedade municipal, a construción dun Centro Cultural e dunha marquesina ampla onde os nenos se poidan resgardar para coller o transporte escolar.

 

 

Deja una Respuesta