FOTO

Demanda dos veciños que viven nas rúas do Deporte, Vigo e Pontevedra

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, trasladou hoxe ao goberno municipal, a través de dous escritos, as demandas e as queixas dos veciños que viven nas rúas do Deporte, Vigo e Pontevedra.

Tras manter nos últimos días varias reunións con representantes veciñais destas zonas do Concello de Oroso, os populares demandan ao executivo local que proceda á instalación dun espello á altura do número 12 da rúa do Deporte co fin, explicaron, de mellorar a visibilidade da zona.

Así mesmo, Doval tamén instou o goberno local a que proceda a realizar un cambio de sentido nas rúas Vigo e Pontevedra, de tal maneira que os vehículos poidan acceder pola primeira e saír pola segunda, un feito que, segundo o portavoz do Partido Popular, permitiría que os vehículos poidan saír dos seus garaxes sen tanta dificultade.

“O noso compromiso foi, é e será sempre estar á beira dos veciños para coñecer as súas necesidades e tratar de axudar a solucionar os problemas”, apuntou Doval, quen anunciou que, nas próximas semanas, seguirá mantendo reunións con diferentes veciños de Oroso.

Deja una Respuesta