FOTOS COMARCAL CAMBRE (15-03-2017)

O PP intensifica o contacto coa militancia coa apertura dunha rolda de encontros polos concellos

Máis de 60 persoas dos concellos de Cambre, Culleredo e Carral acudiron onte á reunión comarcal organizada polo PP provincial para dar resposta ás necesidades e preocupacións de todos os concellos da provincia.

Tal e como explicou o presidente provincial, Diego Calvo, esta nova iniciativa pasa por celebrar un total de 20 reunións ao longo de toda a provincia con persoas (afiliados, militantes e simpatizantes do PP) que residan en concellos que poidan ter inquietudes similares. “Ata agora facíamos reunións comarcais por partidos xudiciais, pero agora queremos achegarnos máis ao terreo e temos dividida a provincia en 20 microcomarcas para poder atender de forma máis concreta os problemas dos concellos da provincia”, explicou o vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben.

Neste primeiro encontro, coa presenza dos portavoces municipais de Cambre e Culleredo (Manuel Rivas e Antonio Cañás), o alcalde de Carral (José Luis Fernández Mouriño), e o presidente da xestora de Cambre (Juan María Abalo), Calvo insistiu na importancia de “traballar en equipo” para “sumar e non restar” de cara ás próximas eleccións municipais. “As eleccións as ganan os equipos”, puntualizou.

Do mesmo xeito, Calvo falou de que “xa celebramos o éxito das últimas eleccións autonómicas e xa fixemos balance do primeiro ano de traballo desta directiva provincial; agora toca ter a mente posta na cita electoral máis importante para nós, á que temos que chegar co partido movilizado en todos os concellos e en todas as parroquias”, argumentou Calvo, que tamén falou da importancia de designar aos candidatos ás eleccións con tempo suficiente para poder traballar.

Actualización de equipos
Diego Calvo insistiu na importancia da actualización dos equipos locais de cara á cita do ano 2019, e lembrou que no último ano nomeáronse 13 xestoras e están convocados 9 congresos locais porque “entendemos a mensaxe que nos deron os nosos votantes no ano 2015, que nos pediron un partido máis pegado á rúa e máis pendente dos seus problemas”.

Finalmente, o titular provincial fixo unha chamada á unidade do partido: “Aquí cabemos todos. É o momento de esquecer vellos problemas ou malentendidos e traballar unidos. Cando estamos unidos e fortes, os nosos votantes responden”.

Deja una Respuesta