Unknown-1

O PP lémbralle ao alcalde que a débeda de Laxe débese á xestión do PSOE

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Laxe nas eleccións municipais que se celebrarán en maio, José Luis Pérez Añón, saíu ao paso hoxe das últimas declaracións realizadas José Manuel Mouzo, e nas que o rexedor aseguraba que necesitaba outros catro anos para levar a cabo o seu proxecto político á fronte do executivo local.

 

Para o popular, as manifestacións de Mouzo son un “intento de rirse da xente”, despois de que o alcalde se escudara en que o seu partido tivo que dedicar os esforzos a facer fronte ao pago da débeda municipal.

 

“Estaría ben lembrarlle, por si esqueceuse, que os case 3 millóns de euros que Laxe acumulou de débeda son froito da nefasta xestión dos gobernos socialistas”, apuntou o candidato, quen fixo responsable tamén ao propio Mouzo das contas municipais por“formar parte activa”daqueles gobernos como concelleiro de Servizos Sociais e Cultura.

 

Sen investimentos no municipio

Nesta liña, o popular aproveitou para criticar que, produto da “herdanza socialista”, os veciños de Laxe perderon a oportunidade de mellorar os servizos e as infraestruturas do municipio durante este últimos catro anos.

 

“As palabras do alcalde soan a escusa de mal pagador. Aquí o único certo é que os fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación tivéronse que destinar a pagar a débeda socialista en lugar de financiar outros proxectos”, lamentou Pérez Añón, quen recalcou que a partida que o concello destinou a pagar a débeda ascende a case 800.000 euros.

 

Escasa presenza en FITUR

Noutra orde de cousas, o candidato dos populares á alcaldía criticou o que cualificou de “escasa presenza” do Concello de Laxe na feira de FITUR celebrada a pasada semana. Para Pérez Añón, que os ingresos do municipio proveñan, en gran parte, do turismo, é un motivo máis que suficiente para “facernos notar neste tipo de eventos”.

 

“Despois chegará o verán e queixarémonos se non temos moitos turistas dos que depende a hostalería,ou lamentaremos que o resto do ano non contemos con presenza de xente de fóra”, dixo o popular, quen asegurou que, para evitar estas situacións, o goberno local debe “ofrecer alternativas que atraian á xente neste tivo de feiras”.

 

 

 

Deja una Respuesta