583c66bf-4692-4af9-b9bb-8a028946d0a5

O PP mostra a súa preocupación pola falta de efectivos da Policía Local

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas eleccións municipais que se levarán a cabo no mes de maio, Alexander Doval, mostrou hoxe a súa “preocupación” pola falta de efectivos que sofre o persoal da Policía Local no municipio durante os últimos meses.

 

Os populares, que lembraron que a súa formación xa presentou unha moción sobre este asunto o pasado 24 de setembro do 2018, explicaron que o Concello conta na actualidade con só tres plazas – 1 oficial e 2 axentes- neste corpo, un cociente, dixo Doval, “moi por baixo” do recomendado para municipios como o de Oroso.

 

A situación agrávase aínda máis, dixo o candidato, tendo en conta que, nestes momentos, un axente está de baixa e o outro en comisión de servizo fose do municipio, o que deixa ao Concello de Oroso sen Policía Local.

 

 

 

Un axente por cada mil habitantes

“Estamos nunha situación extrema mentres o alcalde segue sen facer absolutamente nada para pedir máis efectivos”, denunciou Doval, quen fixo fincapé na “importancia” e na “necesidade” de contar con este servizo para garantir, entre outras cousas, a seguridade dos veciños de Oroso.

 

Doval indicou tamén que o cociente recomendado para efectivos de Policía Local é dun axente por cada 1.000 habitantes, co que, tal e como explicou, Oroso debería contar cun total de oito.

 

Por último, o candidato dos populares lamentou que o número de teléfono que segue colocado na porta da oficina da Policía Local non está habilitado, co que non serve para dar servizo aos veciños.

 

“Falamos dun asunto de vital importancia para o día a día dos nosos veciños e a sensación que dá é que o alcalde mira para outro lado, co risco que iso supón cando falamos de tema que afecta á Policía Local”, dixo Doval, quen urxiu ao executivo local a que tome medidas para solucionar o problema.

 

 

 

 

 

 

Deja una Respuesta