scale

O PP mostra a súa preocupación pola falta de xestión e desgoberno de Coristanco

Partido Popular de Coristanco quere expresar a súa preocupación pola situación de desgoberno e falta de xestión que está sufrindo o concello de Coristanco.

Queremos aproveitar os medios de comunicación para interesarnos polos motivos polos que o concello de Coristanco quedou fora do reparto inicial de axudas do Plan de Medio Ambiente promovido pola Deputación provincial da Coruña e que tiña previsto un investimento duns 59.000 euros.

Tendo en conta a situación de incompetencia reiterada do goberno local desconfiamos que houbera algún erro por parte do equipo que lidera o alcalde, Amancio Lavandeira, que debería explicar como está este plan e cales foron os motivos polos que Coristanco non aparece na listaxe de actuacións aprobada na última sesión plenaria.

Coas parroquias abandonadas, sen proxectos e sen iniciativa, co concello paralizado, só faltaría que non souberan xestionar o que lles mandan das administracións.

Deja una Respuesta