Carreira do Conde 3

O PP santiagués mostra a súa preocupación polos estragos na rúa Carreira do Conde

Os populares amosan a súa preocupación polo estado desta vía e instan ao Goberno local a que explique as causas do acontecido e tome as medidas oportunas para que se repare o antes posible. Tal e como informan, desde hai varios días, algúns elementos do pavimento e a zona verde próxima a eles atópanse estragados, polo que parece consecuencia do paso ou da manobra de algún vehículo pesado.

A reurbanización e humanización da rúa Carreira do Conde foi un proxecto executado no pasado mandato que contou coa colaboración da Xunta de Galicia. Creouse unha vía peonil, o que supuxo unha mellora notable para a transición entre o ámbito da cidade histórica e o Ensanche e, en particular, para a conexión cara a avenida Xoán Carlos I e a propia Alameda. Foi unha obra importante, cun investimento de máis de 500.000 euros. Na súa construción empregouse principalmente pavimento en pedra e, entre outras melloras, ampliouse a zona axardinada. Desde a posta en servizo da obra, o actual Goberno decidiu convertela en escenario de distintas actividades e exposicións aproveitando as súas grandes posibilidades.

Debido aos estragos que hai actualmente, o Grupo Municipal Popular presentará unha pregunta oral no vindeiro pleno para que Compostela Aberta dea conta das causas do acontecido e informe de cando ten pensado en poñer a rúa en perfecto estado

Deja una Respuesta