20151021 Agustín Hernández_orzamentos Xunta

O PP pide a reparación do edificio do antigo CEIP Ramón Cabanillas

O Grupo Municipal do Partido Popular insta ao actual Goberno local a que redacte un plan de melloras necesarias e urxentes do antigo CEIP Ramón Cabanillas e que acometa, á maior brevidade posible, as obras de reparación da cuberta deste contedor cultural, así como a mellora dos baños e a adaptación dun deles para persoas con problemas de mobilidade, de acordo coa normativa vixente.

Tal e como recorda o grupo popular, no mes de xuño, estas dúas actuacións –que foron orzamentadas en preto de 30.000 euros- estaban pendentes da supervisión e informe do arquitecto municipal para a súa execución. Ante a falta de noticias sobre estes traballos durante estes catro meses, os populares presentan unha moción no vindeiro pleno de novembro, onde instan ao actual Goberno local a que informe dos motivos deste atraso e a que acometan de inmediato os traballos de acondicionamento do edificio.

O estado actual de conservación do inmoble –hoxe dedicado a uso socioculturais- fai que sexa necesaria unha serie de melloras. Neste senso, os populares consideran prioritaria a adaptación dos baños á normativa, para que as persoas con problemas de mobilidade poidan utilizalos, e a reposición da cuberta do edificio, que debido o seu deterioro está causando importantes problemas de humidade e confort no edificio.

Deja una Respuesta