CONGRESO LOCAL OROSO

Piden ao alcalde que trate a todos os veciños por igual cos cortes de luz

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, quixo saír hoxe ao paso da polémica xerada no municipio polos cortes de luz que sofren os veciños de varias parroquias, e instou ao alcalde, Manuel Mirás, a que trate a todos so veciños por igual porque hai outras zonas do concello que levan moito tempo padecendo cortes na subministración de luz.

Doval aproveitou esta circunstancia para lembrar que a súa formación vén denunciado este problema desde hai tempo e, para recalcar que os problemas de luz non afectan só ós lugares de Vilacide de Abaixo, Vilacide de Arriba e da Estación de Oroso.

“Levamos máis dun ano denunciando que os problemas de iluminación afectan tamén os veciños de Vilarromariz, Cardama, Senra, Calvente, Pasarelos e Os Ánxeles”, apuntou o popular, quen subliñou que non se trata de cortes “puntuais e si dun problema xeral no abastecemento do municipio”.

“Parécenos moi ben que o señor Mirás mire por solucionar os problemas que teñen os veciños dos lugares de Vilacide de Abaixo, Vilacide de Arriba e da Estación de Oroso, pero sempre e cando faga o mesmo con outros”, dixo Doval, quen subliñou que a súa formación non vai consentir que el rexedor estableza “veciños de primeira e veciños de segunda porque todos pagan os mesmos impostos”.

Por outra banda, desde o Partido Popular de Oroso cualifican de “impropio dun alcalde responsable” a postura adoptada polo señor Mirás de deixar en mans dos veciños a procura de solucións a este problema.
“Todos sabemos que a presión que pode exercer un concello fronte a unha multinacional é moi diferente á que poden levar a cabo os particulares”, afirmou Doval, quen esixiu que o Concello cuantifique os problemas que existen no municipio e articule unha resposta conxunta coa que buscar unha solución.

“O alcalde non pode lavarse as mans neste tema e cargar con toda a responsabilidade a uns veciños que bastante teñen con pagar un servizo deficitario”, concluíu o popular.

Deja una Respuesta