SENDA PEONIL, O CARÓN DO CEMITERIO DE VILARROMARÍS

O PP pide ao Concello de Oroso a redacción dun plan para mellorar a iluminación

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, solicitou hoxe que o Concello elabore un plan que valore de forma integral a situación na que se atopa actualmente a iluminación municipal.

O portavoz dos populares considera preciso avaliar o estado destes equipamentos con vistas á redacción dun proxecto que defina as prioridades á hora de realizar actuacións de mellora.

Deste xeito, Doval sinala que se podería “conseguir un importante aforro enerxético e garantir a seguridade cidadá”. Os populares consideran insuficientes as melloras puntuais que se poidan levar a cabo desde o executivo local, pero entenden que fai falta un enfoque de carácter máis amplo.

“Non é suficiente cos arranxos puntuais que se poidan facer”, indicou o popular, quen incidiu en que “as conducións, en moitos, son moi antigas, o que provoca situacións como a perda de enerxía eléctrica que se dirixe á terra”.

O portavoz del Partido Popular de Oroso afirmou que “é necesario tanto contemplar actuacións en elemento que teñan que ver co aforro como naqueles que se converten en puntos que entrañan un risco para os veciños”. Segundo o seu criterio, existen moitas instalacións en situación “irregular”, como cadros eléctricos sen protección ou farois rotos.

Ante esta situación, Doval defende que a elaboración do plan integral que reclaman os populares debería ir acompañada dunha ordenanza que regule a coordinación entre o servizo eléctrico municipal e as empresas.

Deja una Respuesta