File_003

Piden explicacións a Uxía Lemus polo pago de 22.000 euros á Fundación Galicia Sustentable

No seu labor de control e oposición, o grupo popular detectou recentemente o abono de dúas facturas á Fundación Galicia Sustentable polo importe de 21.659€, unha cantidade que roza o límite anual do pago legalmente establecido para contratos menores. Trátase de dous abonos realizados pola tesourería do ente municipal por importes de 8.470€ e 13.189€, cuxa suma ascende a case 22.000€

Ata onde se fixo público, a Fundación Galicia Sustentable elaborou un video no que se recollían opinións do "Teo que se quere construir cara o 2030" por encargo da Concellería de Urbanismo dirixida por Uxía Lemus. Segundo trascendeu, compiláronse datos -moitos dos cales son estatísticas públicas- e isto presentouse a través dunha web. Fíxose un video e unha charla en Cacheiras antes do verán na que se presentou o resultado do proxecto.

Para o voceiro do grupo municipal, José Manuel Guerra, a cantidade total abonada non condorda en absoluto cos traballos que se deron a coñecer públicamente polo desorbitada que semella e por tal motivo esixe que a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, dea a coñecer pormenorizadamente o detalle das accións que se levaron a cabo e que xustifiquen tal desembolso dos petos dos teenses.

Os populares teenses, que foran convidados a participar no video, rexeitaron dende o primeiro momento intervir no mesmo para non ser cómplices do que resulta unha "auténtica pantomima" creada a modo de cortina de fume para ocultar a carencia de traballos sustanciais, como a redacción do novo PXOM, plan que leva máis de ano e medio á espera de que o executivo local se digne a elaborar o primeiro renglón.

Deja una Respuesta