20151029 Visita Cañoteira

O PP pide que execute o proxecto de urbanización e seguridade viaria da rúa Cañoteira

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, mantivo unha reunión cos veciños do Meixonfrío para trasladarlles a iniciativa que presentará no vindeiro pleno de novembro sobre a mellora da rúa Cañoteira, que enlaza a rúa do Tambre co Camiño dos Vilares. Neste senso, informoulles de que, mediante unha moción, instará ao actual Goberno Local a que acometa o antes posible o proxecto de urbanización e mellora da seguridade viaria da dita rúa.

Agustín Hernández recordou que xa hai un proxecto redactado –que o Partido Popular aprobara en Xunta de Goberno no pasado ano-, que contempla actuar sobre unha superficie de 1.240 m2, coa creación dunha nova rúa de dirección única, para ampliar a superficie das beiravías e facilitar así o tránsito peonil. Na proposta –que foi modificada no seu día atendendo ás necesidades e demandas da veciñanza-, formúlase o desenvolvemento de sendas peonís de 1,5 metros de ancho e pasos de cebra sobre bandas redutoras de velocidade.

Tal e como lles explicou o voceiro popular, a execución desta obra –incluída no Plan Complementario da Deputación da Coruña- quedaba condicionada ás baixas producidas na adxudicación de tres obras incluídas na programación do entre provincial para 2015: a reposición do firme da rúa Avieiria (Cesar), a repavimentación da avenida de Vilagarcía e a urbanización do Camiño da Raxeira. Neste senso, Agustín Hernández subliñou que, tras a adxudicación do proxecto da avenida de Vilgarcía, o concello non ten escusa para atrasar máis o inicio de todos os trámites para a urbanización e mellora da seguridade viaria da rúa. Por iso, a través desta moción, os populares urxirán ao actual Goberno local a que prioricen o desenvolvemento deste proxecto, debido á situación de inseguridade que padecen os veciños dende hai tempo.

Deja una Respuesta