20170914 SantiagoEnCamiño

O PP pregunta pola demora na sanción a empresa encargada dos orzamentos participativos

O Grupo Municipal Popular preguntará no vindeiro Pleno ao Goberno municipal sobre o motivo dun novo retraso na incoación dun expediente sancionador a unha empresa. Neste caso, a empresa apercibida foi a encargada de desenvolver os orzamentos participativos, entidade contratada en maio de 2017.

A execución do contrato deu lugar a varias situacións anómalas como demoras, desfases orzamentarios e, tal e como recoñeceu a concelleira María Rozas coas súas propias palabras, na súa proposta do 13 de febreiro, un “descrédito desta administración”.

Para o Grupo Municipal Popular, resulta totalmente chamativo que a incoación do expediente que se derivou dun informe do 28 de decembro, non se tomase ata case dous meses máis tarde, reiterándose unha situación xa coñecida polos composteláns de retrasar os expedientes dependendo de quén sexa o afectado.

Desde o Grupo Municipal Popular, sublíñase que o expediente reflicte só algunha das anomalías do proceso, toda vez que houbo outras irregularidades como a suplantación de cando menos dúas identidades –feito acreditado pola Axencia Española de Protección de Datos - ou o veto do Goberno a determinadas propostas cidadáns, como o derrubo da Casa da Xuventude.

Deja una Respuesta