IMG_4298

O PP pregunta polas medidas para garantir a seguridade en Fernando III O Santo

. O Grupo Municipal Popular presentou esta mañá unha batería de preguntas escritas relativa á situación que se está a vivir nas inmediacións dun local de ocio nocturno, sito na rúa Fernando III O Santo, e que está afectando á convivencia e á propia seguridade cidadá, tal e como trasladan os veciños.

O obxectivo dos populares é que o Goberno de Compostela Aberta dea debida conta de todas as actuacións realizadas e tamén as previstas proximamente para poñer fin a este problema. Neste senso, o grupo popular interésase polo número de denuncias formuladas pola Policía Local no último trimestre, así como do motivo das mesmas.

Nos últimos meses, os veciños levan presenciando conflito tras conflito, coa conseguinte situación de alarma social. Os populares consideran prioritario incrementar a vixilancia na zona para garantir a convivencia e a seguridade cidadá. Neste senso, unhas das preguntas trasladadas é relativa a coñecer se o Goberno local ten previsto dispoñer de constante presenza policial, no referido tramo, os días e horarios de maior risco. Do mesmo xeito e a raíz das declaracións do concelleiro de Convivencia nas que aseguraba que con anterioridade a este último fin de semana se acudira a dita rúa; o grupo popular insta a que Compostela Aberta informe se procedeu a incrementar as quendas ordinarias da Policía Local –e en que datas- a fin de abordar o referido problema.
Os populares urxen ao Goberno local, a que en estreita colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, incremente a vixilancia e poña fin ao máis axiña a este problema de convivencia que os veciños levan soportando desde hai tempo. Nesta mesma liña, os populares preguntan a Compostela Aberta se ten previsto impulsar a modificación da actual Ordenanza de Convivencia, a fin de mellorar a resposta que se poida dar ante situacións como as producidas na contorna da rúa Fernando III O Santo.

Deja una Respuesta