IMG_5372

Un candidato que “sente Carballo” fronte a un alcalde que ten “data de caducidade”

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, destacou esta mañá que a súa formación ten na figura de Aurelio Núñez un candidato que “sente e quere a Carballo”fronte a un alcalde, Evencio Ferreiro, que ten “data de caducidade”e que “só será a foto de cartel do BNG”nas próximas eleccións municipais.

Acompañado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, Calvo aproveitou o acto levado a cabo en Carballo para incidir en que esta localidade é unha “prioridade”para os populares porque, dixo, que chegou o momento de deixar claro o que queren os carballeses.“Aquí a xente pensa como pensa o Partido Popular, en Carballo a xente pensa como pensa Alberto Núñez Feijoo e como pensa Aurelio Núñez”, indicó.

Na súa intervención, o presidente provincial incidiu en que a súa formación presenta un candidato que “vén para quedar”e para que o proxecto do Partido Popular sexa “unha realidade”en Carballo, fronte a un rexedor “eventual, que non quere presentarse e que é a gran mentira da campaña do BNG”.

“Van utilizar a Evencio para tentar gañar as eleccións, pero todos sabemos que Evencio xa non quere seguir”,subliñou Calvo, quen advirteu que votar o BNG é facelo a un partido que pensa igual que Torra e Puigdemont, que defende a Otegi e que queima as bandeiras de España.

Calvo non dubidou en asegurar que, ante a situación que vive actualmente España cun goberno en mans de populistas e extremistas, o Partido Popular é “máis necesario que nunca”,e reivindicou os valores da súa formación da que afirmou que está “onde sempre estivo”.

Político en maiúsculas

Nesta mesma linea, o líder dos populares na provincia quiso a agradecerlle a Aurelio Núñez que sempre estea disposto a “sacrificar horas da túa vida para axudar aos veciños de Carballo. Grazas Aurelio por ser un veciño máis ao que lle gusta traballar para mellorar a vida dos seus paisanos, grazas por estar as 24 horas ao día á beira dos veciños”.

 

Orgulloso, dixo, de presentar candidatos “humildes, traballadores e con clara vocación de servizo público”como Núñez, Calvo fixo un chamamento para que o Partido Popular de Carballo traballe “máis unido que nunca”convencido que, desta maneira, serán capaces de volver gobernar no municipio.

 

 

Deja una Respuesta