IMG_2312

O PP presentará unha moción para modificar o tráfico en varias rúas

O Partido Popular de Carballo, a través do seu portavoz municipal e candidato á alcaldía nos comicios locais que se celebrarán no mes de maio, Aurelio Núñez, presentará no próximo pleno unha moción para modificar o sentido do tráfico na rúa San Xosé, e recuperar o dobre sentido previsto no proxecto inicial de urbanización na rúa Martín Herrera ata a intersección entre ambas as vías.

 

Os populares reclaman esta variación despois de recoller as queixas dos veciños e comerciantes da Gran Vía ante as dificultades que teñen para poder chegar co seu coche desde a Praza de Galicia. “Cremos que desta maneira poñeriamos punto e final a un problema importante de circulación”, explicou Núñez, quen lembrou que a posibilidade de retomar o dobre sentido na rúa Martín Herrera xa estaba prevista no proxecto inicial.

 

Ademais, segundo indicou o candidato popular, cambiar o sentido do tráfico na rúa San Xosé posibilitaría o acceso directo a Gran Vía, respectando o sentido único da rúa do Sol, que poderían completarse coa modificación do sentido do tráfico na rúa Lagoa.

 

 

Deja una Respuesta