IMG-20161130-WA0018

O PP propón un plan de limpeza para Camariñas

Dende fai moito tempo estannos a chegar numerosas queixas de veciños do noso concello pola suciedade nas rúas e o cheiro dos contenedores de basura. O problema da limpiza de contenedores é xeral en todo concello e elo provoca, sobre todo en época estival, desagradables cheiros por todo o noso concello, onde o problema máis grave ven coa proliferación de roedores nos cubículos instalados na zoa do paseo marítimo que serven para camuflar ditos contenedores.

Igualmente, cremos, que o aumento de animais de compañía, sobre todo cans, fai que as nosas rúas e aceras estén sucias e cheas de excrementos, o que da moi mala imaxe entre os veciños e especialmente entre as personas que nos visitan doutros pobos nestas datas tan próximas a Semana Santa.

Dende o PP de Camariñas propoñemos a elaboración, por parte do equipo de goberno, dun plan de limpeza de rúas, parques, xardíns e contenedores equitativo que den solución a este problema; a realización de campañas dende o Concello, dirixidas a cidadanía sobre os excrementos das suas mascotas na rúa, para que o noso concello poida ter unha mellor imaxe en canto a limpieza. Ademáis da elaboración dun bando municipal para eliminar o problema dos excrementos das mascotas.

Deja una Respuesta