IMG_4298

O PP reclama la celebración da Compostela Gastronómica

O Grupo Municipal Popular formulará unha pregunta oral no vindeiro pleno co fin de que o Goberno de Compostela Aberta explique os motivos polos que rexeitou o mantemento do certame Compostela Gastronómica.

“É evidente que Compostela Aberta non ten un proxecto turístico, que non é capaz de manter propostas do pasado que estaban funcionando e que ten un déficit de xestión importante que está lastrando o desenvolvemento cotiá do concello”, lamentou a concelleira do Grupo Municipal Popular, María Antón, que salientou que Compostela Gastronómica naceu co obxectivo de posicionar Santiago como destino gastronómico.

Nesta liña, recordou que foi en setembro de 2014 cando se celebrou a primeira edición de Compostela Gastronómica, “unha mostra da cociña galega, pensada desde e para Santiago, no que se trataban de realzar tres valores fundamentais: o produto galego, a praza de Abastos e o sector da restauración local”. Neste senso, salientou a intensa promoción feita en Fitur 2015. Compostela Gastronómica foi concibida como unha marca propia para promover a nosa gastronomía ao longo de todo o ano, fomentando a desestacionalización da demanda e aumentando o gasto medio das persoas que visitan a cidade. Deste xeito, celebrouse unha edición especial no Nadal 2014-2015 e unha segunda edición en abril de 2015 que supuxo a consolidación da marca Compostela Gastronómica como ferramenta de promoción de Santiago.
No momento do cambio de goberno municipal, o Partido Popular deixou pechada unha segunda edición especial para o Nadal 2015-2016 e Compostela Aberta asumiu a celebración como unha iniciativa con vocación de continuidade e como punto de referencia da cultura gastronómica galega. Foi precisamente no marco de Fitur 2016, onde o concello mantivo que a principal aposta de Turismo de Santiago sería a gastronomía e avanzaba que a cidade contaría cun calendario fixo de actividades e eventos baixo a marca Compostela Gastronómica.

Chama a atención que, malia esta declaración de interese, o actual Goberno local non celebrase desde hai máis dun ano ningunha outra edición de Compostela Gastronómica, o que supón unha importante perda de oportunidade. “E despois daquela presentación de Fitur en 2016, a nada, o baleiro. Ao longo do ano pasado, non se celebrou nin unha soa actividade baixo o paraugas de Compostela Gastronómica”, lamentou María Antón, que reiterou a importancia de recuperar e revitalizar todo o que supoña a gastronomía para a nosa cidade.

Deja una Respuesta