IMG_4297

O PP reclama solucións aos problemas de falta de luz en diversos lugares de Oroso

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, denunciou hoxe que os problemas de falta de luz que padecen os veciños do lugar de Arderís estendéronse estes días aos lugares da Baiuca, tamén na parroquia de A Senra, e do Empalme, na parroquia de Transmonte.

Os populares, que mostraron a súa preocupación por un problema que afecta, entre outras cousas, á seguridade dos veciños, denunciaron a “evidente descoordinación” que existe entre o Concello de Oroso e a nova concesionaria encargada de xestionar a iluminación pública.

“Estamos ante unha situación inaudita”, asegura Doval, quen subliñou que os veciños afectados non reciben ningún tipo de resposta por parte do goberno local cando acoden ao concello para informar destes problemas.

Por todo iso, o portavoz dos populares reclama unha “solución urxente”, tendo en conta que, tal e como lle lembrou ao rexedor, Manuel Mirás, en Oroso “todos os veciños pagan os seus impostos e non pode haber uns que sexan de primeira e outros de segunda”.

Deja una Respuesta