FOTO KIKO CALZAS

O PP Vimianzo incorpora a Kiko Calzas

A dirección do Partido Popular de Vimianzo, encabezada pola súa portavoz e candidata ás municipais do 2019, Raquel Rodríguez, anunciou hoxe a incorporación de Kiko Calzas ao proxecto que os populares presentarán para facerse coas rendas do goberno local en maio do próximo ano.

 

No seu obxectivo de contar cun “amplo e variado”grupo de persoas que representen a todos os sectores –social, cultural, deportivo e económico- de Vimianzo, os populares aseguran que a incorporación de Calzas supón un “notable impulso”ao que cualificaron como o “único proxecto serio”para que Vimianzo poida saír do “letargo”en que se instalou durante os últimos anos.

 

Traballador do servizo do 061, vinculado á actividade cultural e deportiva e residente no núcleo de Vimianzo, Rodríguez agradeceu a “xenerosidade”e o “compromiso”demostrados por unha persoa que chega con ganas de “traballar sen descanso” para convencer aos veciños de Vimianzo de que o Partido Popular é a“única opción seria de goberno”.

 

Portas abertas

Pola súa banda, o presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, aproveitou para insistir na idea de que a súa formación ten “as portas abertas”para todas aquelas persoas que estean polo labor de “sumar e achegar ideas”,e asegurou que Calzas é un “exemplo” de todo iso.

 

No Partido Popular temos demostrado sempre que traballando xuntos e unidos somos capaces de alcanzar calquera obxectivo. Aquí en Vimianzo partimos co reto de gañar as eleccións e de gobernar e estou seguro de que se están dando os pasos correctos para logralo”, concluíu Calvo.

Deja una Respuesta