da6bb2d0-7ae0-4ff8-b5d3-711ad34c8f8d

Si á construción dun tanatorio municipal en Zas sempre e cando “cumpra cos requisitos legais”

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Zas, David Gómez, reiterou hoxe que a súa formación apoia a construción dun tanatorio municipal no Concello, a condición de que o proxecto “cumpra cos requisitos legais” esixidos para levalo a cabo.

Os populares, que se abstiveron no único punto do pleno extraordinario urxente celebrado esta mañá e que facía referencia á aprobación do proxecto para a construción dun tanatorio en Zas, criticaron a “falta de tempo”coa que o goberno local fíxolles chegar a documentación sobre este asunto.

“Convócannos onte –mércores- a última hora, temos pouco tempo para ver a documentación do proxecto antes do pleno e o alcalde pretende que votemos a favor”, dixo Gómez.

O popular engadiu ademais que ao revisar os documentos atopouse cun reparo suspensivo de intervención e dous de secretaría, que fan referencia á necesidade de municipalizar este servizo antes de comezar coas obras do tanatorio

“Parece que ao señor Muíño entráronlle as presas por sacar adiante algo que leva prometendo moitos anos”,dixo Gómez, quen incidiu en que a súa formación non pode votar a favor de algo que “non conta coa seguridade xurídica necesaria para levalo a cabo”.

O popular aproveitou a ocasión para recalcar que si os veciños de Zas queren un tanatorio municipal, o Partido Popular apoiará a súa petición, pero subliñou que a súa formación “ten a obrigación de asegurarse que as cousas se fagan ben para que despois non haxa sorpresas durante a tramitación do proxecto”.

Por último, o popular criticou a forma de facer as cousas do alcalde, e cualificou de “chapuza electoralista”un asunto que, tal e como explicou Goméz, podería haberse presentado hai moito tempo. “Prometeu que o tanatorio estaría terminado este ano e o alcalde pretende poñer ao pé dos cabalos ao concello con este asunto que legalmente non está todo o claro que debería”.

 

 

Deja una Respuesta