raxoii

O PP santiagués lamenta que o alcalde ampare os insultos do concelleiro Rafael Peña

O Grupo Municipal do Partido Popular cualifica de “auténticas barbaridades” os insultos e os comentarios violentos do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, na súa conta persoal dunha rede social. Os populares amosan a súa repulsa e rexeitamento absoluto a este tipo de comentarios ofensivos contra as persoas e as institucións públicas.

Neste senso, consideran que o alcalde utiliza “escusas de mal pagador” ao apelar á liberdade de expresión. “Non cabe dentro da liberdade de expresión este tipo de comentarios, xa que a liberdade de expresión non ampara a ofensa, nin as inxurias, nin a apoloxía da violencia, nin a incitación ao odio”, denuncian os populares. “Aquí excedéronse os límites –continuou-. A liberdade de expresión quebrantouse cando, de maneira reiterada, lanzáronse declaracións homófobas e ataques ás mulleres”. Do mesmo xeito, critican o cinismo do alcalde ao referirse ao momento temporal no que foron publicados ditos insultos. “Mantivo estes comentarios publicamente estando xa no goberno”, subliñan.

Os populares lamentan a “covardía” do rexedor que, en lugar de dar explicacións ao respecto, optou por pechar filas arredor do seu concelleiro e mirar para outro lado, restándolle importancia a esta serie de insultos e faltas de respecto. Para o grupo popular, as declaracións do alcalde amosan a súa complicidade coas declaracións do concelleiro de Compostela Aberta. “É lamentable que o alcalde intente xustificar ditos comentarios”, denuncian. Tal e como subliñan os populares, “todas estas barbaridades son incompatibles con ter responsabilidades públicas”.

Por todo iso, o Grupo Municipal do PP esíxelle ao rexedor que reconsidere o seu apoio a este tipo de descalificativos e lle pida responsabilidades ao seu concelleiro: “O primeiro que ten que dar unha resposta convincente e pedir a asunción de responsabilidade ao seu concelleiro é o alcalde. Nunha situación coma esta non vale o silencio. Agardamos que nas próximas horas o alcalde o reconsidere e lle pida a Rafael Peña que asuma responsabilidades”.

Deja una Respuesta