santiago-revela

O PP solicita a CA unha marquesiña para o bus no aparcadoiro de Santa Marta

O Grupo Municipal Popular solicitará no vindeiro Pleno ordinario ao Goberno de Martiño Noriega que se instale unha marquesiña na parada do autobús urbano situada no interior do recinto do aparcadoiro disuasorio de Santa Marta. Esta instalación resultaría de gran utilidade xa que son moitos os usuarios de transporte urbano que empregan esta parada ao estra próxima ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

 

Así, na entrada deste aparcadoiro de Santa Marta, e dentro xa do propio recinto, hai unha parada de autobús urbano que rexistra unha gran afluencia de persoas, tanto en dirección ao centro hospitalario como cara o centro da cidade. Esta parada carece dunha instalación que permita acollerse en días de chuvia e mesmo que ofreza un banco para unha espera cómoda do autobús.

Os Populares lembran que o aparcadoiro de borde de Santa Marta concentra desde hai uns anos unha gran actividade motivada pola gratuidade das súas instalacións, a súa gran capacidade de acollida e, sobre todo, pola súa situación próxima ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para o que actúa como unha alternativa axeitada, especialmente para unha gran maioría de persoas que dependen do vehículo particular para o seu traslado e que o estacionan nesta área do sur do Concello.

O número de usuarios ven dado porque a zona ten unha superficie de gran utilidade para a implantación dun sistema de mobilidade alternativo que contribúe á desexable desconxestión do tráfico, tanto no interior da cidade como na contorna no CHUS.

Por todo isto, o Grupo Municipal que dirixe Agustín Hernández insistirá neste Pleno na colocación desta infraestrutura que servirá para facilitar a mobilidade dos usuarios.

 

 

 

Deja una Respuesta