VELUTINA

O PP solicita que Teo sexa concello colaborador para erradicar a velutina

Teo atópase no nivel máximo de concentración de niños de vespa velutina dende hai meses segundo os datos oficiais da Consellería de Merio Rural. A inacción marcou a axenda do executivo local respecto da cuestión, quen permaneceu impasible ante este dato e as numerosas demandas veciñais durante todo este tempo.

De entre os cinco niveis de concentración de niños de vespa velutina nos que a Xunta realiza a clasificación, Teo atópase no nivel máis alto, con máis de 100 niños contabilizados no informe ofrecido o pasado 20 de novembro.

Frente a esta situación, o pasotismo marca a folla de ruta do executivo local que, unha vez máis, decidiu actuar cando non lle queda máis remedio afogado pola propia realidade, a presión da veciñanza e as preguntas da oposición. Logo das cuestións formuladas por José Manuel Guerra en anteriores plenos, no celebrado esta semana o alcalde deu a coñecer que se ía formar un traballador, unha resposta tardía, pouco voluntariosa e a todas luces insuficiente considerando a magnitude da situación en Teo e a perigosidade da cuestión.

Por tal motivo, os populares teenses propoñen que o Concello de Teo se convirta en concello colaborador para erradicar os niños de vespa velutina, o que supón coordinar a súa acción coa Consellería de Medio Rural, quen poría a disposición os medios materiais e técnicos precisos así coma a formación do personal que designara o propio Concello.

Os beneficios da medida son evidentes para a veciñanza, tal e como se ten demostrado en municipios da contorna, onde se ten reducido o tempo de reacción e retirada dos niños.

Deja una Respuesta