20151118  moción Deputación

O PP subliña subliña o compromiso da Xunta co acceso da autoestrada a Santiago e á Cidade da Cultura

O Grupo Municipal do Partido Popular agradece o impulso da Xunta de Galicia ao proxecto do novo acceso a Santiago e á Cidade da Cultura desde a autoestrada AP-9. A publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da aprobación do trazado pon de manifesto unha vez máis o compromiso do Goberno galego con esta actuación.

Tal e como subliñan os populares, dáse un paso máis para a materialización desta infraestrutura que conta nos orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano cunha partida de 3 millóns de euros. Ademais, a Consellería de Infraestruturas remitirá nas vindeiras datas a redacción do proxecto construtivo ao Ministerio de Fomento, que suporá un novo avance para a súa realización.

O proxecto adaptouse ás consideracións emitidas tanto polo Goberno central como polo concello, ao axustar o deseño as obras en marcha de ampliación da AP-9 e tamén ao plan sectorial da rede viaria da Área de Santiago.

Deja una Respuesta