CONGRESO LOCAL OROSO

O PP teme que o SAF sexa máis caro en mans do Concello de Oroso

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, mostrou hoxe a súa preocupación sobre o posible incremento do prezo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que prestará o Concello, despois de que o executivo local decidise no pleno do 30 de decembro do 2016 prescindir da xestión que ofrecía a Mancomunidade de Ordes.

Segundo os populares, as novas bases de licitación do SAF fixan o prezo máximo da oferta para as empresas interesadas en 16 euros a hora, polos 14 que ofrece a Mancomunidade de Ordes. “Cando o Concello abandonou a Mancomunidade de Ordes, Mirás comprometeuse a que o prezo non subiría, e agora atopámonos con esta sorpresa”, apuntou Doval.

Ademáis, o popular criticou que o goberno local licitase o SAF só por un ano, e cargou contra a ausencia dos conselleiros da oposición na mesa de contratación que decidirá sobre este servizo. “Temos a sensación de que non nos deixen participar na mesa de contratación porque non están moi seguros do que fan”, dixo Doval, quen acusou o goberno local de “falta de transparencia” en toda a xestión.
O líder popular engadiu que pese ao desprezo aos membros da oposición ao non incluír a ningún na mesa de contratación, “seguiremos moi de preto esta licitación e as empresas que se presentan, para velar, como sempre fixemos, polos intereses dos veciños”

Deja una Respuesta