image2 (2)

O PP urxe a mellora da estrada DP-1902 que une Carballo coa praia de Razo

O grupo municipal do Partido Popular de Carballo anunciou hoxe que levará ao próximo pleno municipal unha moción na que insta ao goberno local a que demande á Deputación da Coruña a mellora da estrada DP-1902 que une Carballo coa praia de Razo.

Os populares aseguraron que esta estrada é un dos trazados máis perigosos do concello, e indicaron que son “innumerables”os accidentes ocorridos neste trazado

“O deseño, cheo de curvas, algunha delas moi pronunciadas, condiciona moitísimo a velocidade e a atención do condutor, provocando que un despiste leve consigo caer por algún monte ou bater cunha árbore”,apuntan os populares.

Así mesmo, os populares incidiron na importancia de contar cunha estrada “digna”ata a costa.  “É devital importancia non so para os veciños de Razo e Oza, senón para todos os carballeses e persoas doutros concellos limítrofes que frecuentan esta praia”,dixeron.

 

Neste sentido, desde o Partido Popular de Carballo destacaron o “importante impacto” que a praia de Razo ten no turismo da comarca, un feito que “obriga a darlleá estradao prestixio que se merece.

 

Reunión cos veciños

Os populares recordan que no último consello parroquial de Razo, o alcalde, Evencio Ferrero, escoitou a preocupación dos veciños asistentes sobre esta gran necesidade, e comprometeuse con eles a comezar cos contactos para solicitar á Deputación a execución deste novo trazado.

 

“Os primeiros pasos xa están dados. O trazado do novo vial está reflectido no novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM), así que agora só queda seguir avanzando para conseguir o compromiso da institución provincial”, apuntaron os populares.

 

 

 

Deja una Respuesta