RUELA CARAMONIÑA 1 (2017-06-19)

O PP urxe unha actuación de mantemento na costa da rua da Caramoniña

O Grupo Municipal Popular denuncia o mal estado da costa da rúa da Caramoniña, con chanzos rotos, que afectan á seguridade,ç e con herbas e fentos que inzan en todo o trazado e que estreitan a vía. O descoido que se aprecia nesta calzada, que une coa rúa de Teo e serve de acceso ás hortas municipais, ao Centro Sociocultural e ao parque de Bonaval, urxe unha actuación de mantemento e mellora de todo este espazo.

Os populares, a través dun rogo que presentarán no vindeiro pleno de xullo, trasladarán ao Goberno local esta situación para que leve a cabo labores de mantemento, de limpeza e de reposición dos chanzos que salvan o desnivel existente, co fin de mellorar a seguridade e tamén a estética de toda a rúa.

A reurbanización da rúa da Caramoniña, integrada na planificación de mellora de mobilidade e incorporación de zonas verdes na zona da Almáciga, formou parte do programa Urbana Norte e foi un proxecto iniciado en 2014 e rematada no verán de 2015. As obras supuxeron unha mellora da conectividade entre as rúas Valle Inclán e a rúa de Teo, separadas por un pronunciado desnivel por onde discorre unha pasaxe peonil que ademais de conectar as dúas rúas permite acceder ás hortas municipais, ás instalacións do Centro Sociocultural e tamén ao parque de Bonaval, a través deste singular
corredor.

Pero, tal e como lamentan os populares, o abandono que presenta hoxe esta rúa racha con todos eses traballos de acondicionamento. É por iso polo que demandan que, na maior brevidade posible, o concello leve a cabo unha serie de traballos que devolvan á costa da rúa da Caramoniña o seu perfecto estado e que se poida transitar por ela sen problema.

Deja una Respuesta