FOTO TOMA POSESIÓN TEMBRÁS

O PP vota en contra dos orzamentos por ser “continuistas e carentes de ambición”

O portavoz do grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, xustificou o voto en contra da súa formación aos orzamentos presentados hoxe polo executivo provincial ao entender que se trata dunhas contas “continuistas e carentes de ambición”.

Hernández, que criticou que o goberno provincial non tivese en conta na elaboración dos orzamentos a opinión do “partido maioritario na Deputación da Coruña”, asegurou que o documento económico pon de manifesto o “pasotismo e a innacción” instaurada no goberno bipartito.

“Non é positivo que o goberno da Deputación transforme esta institución nun mero órgano administrativo. Un órgano intermedio, sen unha acción política que é imprescindible”, apuntou o popular, quen recalcou que a “discrecionalidade non significa necesariamente arbitrariedade”.

Hernádez criticou que as contas recollen menos partidas para gasto de capital, menos investimento, menos tranferencias de capital e máis gasto corrente. “Criticamos as partidas, o contido e a estrutura do documento, pero tamén a execución das contas”, dixo o popular.

Atraso na execución
Neste sentido, o portavoz do Partido Popular subliñou que existen “numerosos exemplos da lentitude na tramitación de moitos expedientes, atrasos nas programacións, nos prazos dos plans, expecialmente, nas axudas a deportes, onde, en ocasión recóllense máis dun ano de espera”.

Ademais, Agustín Hernández reiterou que “podemos falar de orzamentos, podemos falar das cantidades, pero, si, ao final, non se executa en tempo e forma, estamos perante un debate baleiro”.

Por último, o popular puxo de manifesto que “pouco se pode esperar” dun goberno bipartito no que unha parte “segue mantendo que o seu obxectivo é terminar con esta institución”. Hernández subliñou, neste sentido, que esa “falta de ambición, esa inacción e eses atrasos obedecen a unha estratexia que consiste en baleirar de contido a Deputación da Coruña”.

Deja una Respuesta