VISITA CASTRO BAROÑA

O PPdeG promete un Plan de Rexeneración Paisaxística e Patrimonial do Castro de Baroña

Beatriz Mato e Román Rodríguez, candidatos do PPdeG ao Parlamento de Galicia, comprometéronse a realizar vindeiras actuacións no Castro de Baroña, en Porto do Son, para garantir a súa salvagarda futura e posta en valor. Deste xeito, e de cara á próxima lexislatura, os dous candidatos do Partido Popular de Galicia e actuais conselleiros de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e Cultura e Educación, subliñaron a importancia de seguir protexendo, conservando e estudando este Ben de Interese Cultural (BIC) e o seu entorno, de enorme importancia tanto desde o punto de vista ambiental-paisaxístico como cultural e arqueolóxico, así como de gran interese turístico.

Durante a súa visita ao conxunto arqueolóxico, na que estiveron acompañados polo alcalde do concello, Luis Oujo; Beatriz Mato e Román Rodríguez prometeron realizar un plan de rexeneración paisaxística, construír un novo acceso que permita ordenar o tránsito e fluxo dos visitantes e ampliar as intervencións arqueolóxicas neste senlleiro xacemento.

O Castro de Baroña constitúe un ben excepcional tanto a nivel cultural e histórico como paisaxístico, polo que é preciso, tal e como trasladaron, garantir a súa máxima conservación e promoción, sobre todo tralo incendio forestal que este verán asolou o seu entorno. Neste sentido, tamén será precisa a colaboración do Concello para xestionar os terreos necesarios para a dita intervención.

Actuacións arqueolóxicas e patrimonio natural
Dentro das actuacións arqueolóxicas máis recentes levadas a cabo pola Consellería de Cultura neste enclave destaca o acondicionamento e consolidación para a posta en valor Muralla Sur, realizada no ano 2012, e diversos traballos da mesma índoleexecutados o ano pasado, cunorzamentopróximo aos 72.000 euros.

Pola súa banda, Beatriz Mato explicou que desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estase a facer un importante esforzo de xestión e orzamentario para protexer e preservar espazos naturais galegos como a franxa litoral de Porto do Son, que supón un patrimonio único a nivel natural e paisaxístico. De feito, a parte sur, desde o Castro de Baroña ata o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, alberga un espazo protexido pola Rede Natura 2000: a Zona de Especial Conservación (ZEC) Complexo Húmido de Corrubedo.

Deja una Respuesta