050916 Programa PPdeG

O PPdeG presenta un programa serio, realista e centrado en seguir transformando Galicia e Santiago

Pedro Puy, acompañado das candidatas Paula Prado, Rosa Quintana e María Antón, e do presidente local Agustín Hernández; valorou esta mañá o programa electoral co que o PPdeG concorre ás eleccións autonómicas do vindeiro día 25 e no que, segundo subliñou, a cidade de Santiago tamén ten a súa presenza.

Neste senso, aproveitou a rolda de prensa para anunciar que mañá martes, o presidente Núñez Feijóo, explicará polo miúdo, nun acto
celebrado na cidade, o proxecto concreto que ten para o concello de Santiago: “O programa non se queda só nas medidas globais para toda Galicia, senón que hai propostas e actuacións concretas pensadas tamén para a nosa cidade”.

A cidade de Santiago, presente no programa electoral Agustín Hernández destacou que o programa electoral marca as prioridades de Santiago e que “satisfai as necesidades da capital de Galicia”. Neste senso, apuntou que se seguirá apostando polos proxectos xa encamiñados, como a Intermodal ou o transporte metropolitano; e subliñou que “a permanencia do PPdeG na Xunta de Galicia é garantía para completar infraestruturas longamentedemandadas, como a autovía de Aradas ou o remate da autovía a Lugo”.

É un documento, tal e como apuntou Pedro Puy, que prepara, ademais, á cidade para o vindeiro Ano Santo Xacobeo. Un programa realista e con garantía de cumprimento

Pola súa banda, Paula Prado destacou que é un programa preparado “para gobernar”, encamiñado a resolver os problemas dos galegos e galegas e baseado na garantía de cumprimento: “Non comprometemos nada que non esteamos en condicións de cumprir. Contén propostas serias e reais; é o único programa que se pode cumprir ao 100%”. “É un programa feito desde o realismo, porque non é para dar titulares na campaña, senón para gobernar”, indicou Paula Prado.

A candidata popular incidiu en que non inventa nada novo, senón que concreta esas liñas de traballo marcadas durante os anos de goberno e que busca completar un traballo que se sostén sobre os avances dos últimos anos. É, tal e como indicou, un programa -no que o goberno de Feijóo xa leva anos traballando-, centrado en seguir transformando Santiago e Galicia ata 2020.

Nesta mesma liña e como proba diso, aprobouse un Plan Estratéxico da economía ata este ano e a Xunta de Núñez Feijóo ten aprobado, tamén, plans de actuación que abarcan ata 2020 en eidos como: en sanidade, na vivenda, na modernización tecnolóxica, na inclusión social, na internacionalización, no comercio, na atención a persoas con discapacidade...

Paula Prado destacou que o programa electoral “é o resultado dun traballo que se desenvolveu ao longo dos últimos tres meses, no que participaron máis de 40 membros relevantes do noso partido e no que houbo, ademais, un intercambio de información cun número importante de asociacións, de entidades e de colectivos que querían facer as súas achegas”.

Para finalizar, Pedro Puy salientou que se trata dun “proxecto de goberno avaliado polos bos resultados acadados no último ano”.

Deja una Respuesta