foto guerra

O PSOE ABSTENSE NA VOTACIÓN DA CONTA XERAL E BOTALLE A CULPA O PP

"A actitude do grupo socialista é intolerable. Abstente na votación da conta xeral e bótanos a culpa a nós", declara Guerra tralo primeiro traspés importante do bipartito tense. "A señora Lemus invoca a responsabilidade pero para nós calquera que teña un mínimo sentido da responsabilidade non aprobaría xamáis unhas contas cuns informes tan críticos e reiterados do órgano fiscalizador -a intervención-". Segundo manifestou o número dous do PP en Teo, Antonio Reyes, a defensa da veciñanza pasa por non apoiar unha forma de facer política "á vella usanza, facendo exactamente o que tanto se criticou na pasada campaña electoral con moi pouco respecto ás liñas marcadas polos órganos fiscalizadores e ás esixencias de transparencia da sociedade". Reyes incide en que a cidadania entende que "non podemos apoiar unhas contas que non son contas. Son des-contas. Descóntase transparencia, veciñanza e respecto aos cartos que son de todos".

O Partido Popular insiste en que non pode dar respaldo a unhas contas que teñen, nada menos, que 17 reparos suspensivos, 6 informes desfavorables e múltiples obxeccións do órgano fiscalizador. Nos informes ponse de relevo un nulo interese do equipo de goberno por sanear as contas do Concello incidindo dun xeito especial na reiteración "durante anos" dos erros da Alcaldía. Os populares fixeron tamén unha dura crítica ao convenio con Chévere xa que, segundo se pode interpretar, podería haber un "encubrimento de auténtico contrato administrativo". Ante a firme crítica do PP, o alcalde rectifica e anuncia un cambio no convenio con Chévere.
Para os populares tampouco lles parece "un exemplo de democracia" que a Alcaldía convoque un novo pleno para o vindeiro luns ás 10:10h da mañá para repetir a votación coñecendo as dificultades de asistencia dos grupos da oposición por motivos laborais.

Reaccións intolerables de Anova e BNG
O lider do PP teense considera intolerables as reaccións de Anova e BNG. A contundente crítica do PP e as valoracións do BNG na mesma liña, exasperan ao alcalde que terminou tildando aos populares de "esquizofrénicos" logo de descalificalos dicindo "que non se enteran de nada". Pero a maior sorpresa chegou coa airada e incomprensible reacción da voceira socialista que trata de culpabilizar ao PP do resultado cando o propio PSOE non o apoiou a votación da conta xeral. O concelleiro popular Antonio Reyes recórdalle que "o PP xa anunciara previamente o sentido voto en negativo e que a responsabilidade de apoiar as contas era estrictamente súa"."Esta é a sinrazón coa que xoga o PSOE cando ten que obedecer á tiranía dos pactos con Anova", concluía o concelleiro popular.

Deja una Respuesta