001

“O rural ten que volver a estar na axenda de goberno municipal na próxima lexislatura”

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Oroso nas eleccións municipais do mes de maio, Alexander Doval, asegurou que“o rural ten que volver estar na axenda do goberno municipal na próxima lexislatura”.

 

Nunha reunión mantida nos últimos días con dez Asociacións de Veciños do municipio, e acompañado pola directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, Doval aproveitou a cita para recoller as demandas e as necesidades expostas polas agrupacións veciñais, e resaltou a importancia do rural na economía local.

 

“Desde o Partido Popular de Oroso levamos tempo denunciando que o goberno local clasifica aos veciños, ainos de primeira e de segunda, cando todos pagan os mesmos impostos e teñen os mesmos dereitos”, dixo Doval, quen denunciou o “abandono”que sofre o rural dende hai moitos anos.

 

Pola súa banda, Fernández-Tapias presentou na cita as axudas que o goberno autonómico pon ao dispor das asociacións de veciños para levar a cabo proxectos que permitan poñer en marcha a reforma e o equipamento dos seus locais.

Deja una Respuesta