Ramon Ames (baja)

En risco o 50% das subvencións de Ames por non cumprir o Plan Estratéxico

O Tripartito de Ames, ao longo do seu mandato, non tivo nin o máis mínimo pudor en facer propaganda das subvencións que, ano tras ano, recolle nos diferentes orzamentos municipais. Diversas liñas de subvencións que, a pesar de recollerse no orzamento, non chegan a convocar e, por tanto, non se outorgaban aos seus destinatarios. Unha destas liñas é, por exemplo, a de promoción comercial destinada ás asociacións empresariais e comerciais do municipio.

 

Cando acabamos de entrar no segundo trimestre do exercizo 2019 e, a raíz das informacións difundidas días atrás polo Grupo Municipal Popular, sobre a falta das convocatorias de subvencións durante os anos 2017 e 2018; o Tripartito de Ames convocou as subvencións de promoción, destinadas ás asociacións de comerciantes de Ames, por unha contía máxima de 40.000 euros. Unha cantidade que apenas supera a metade do que inicialmente foi orzamentado para ambos exercizos, 40.000 euros para o 2017 e 30.000 para o 2018.

 

Evidentemente, as convocatorias de subvencións non tiveron lugar nos seus correspondentes exercizos e, ao Tripartito salíalle gratis a propaganda; e agora, a poucas semanas da cita electoral convócanas, con dous anos de retraso, coa única intención de sacar rédito electoral.

 

Pero esta non é a única “chapuza” relacionada con este tipo de axudas, senón que xa nas subvencións recollidas no Orzamento Municipal para o presente ano 2019, recentemente aprobado están en perigo se non se modifica o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2019.

 

Os diferentes estados numéricos do orzamento de gastos do Orzamento Municipal 2019 recollen unha serie de subvencións que o Concello pretende outorgar durante este exercicio. Subvencións que, doutra banda atópanse reflectidas no correspondente informe económico financeiro que acompaña ao Orzamento Xeral do Concello. Segundo este informe, o Concello, dentro da súa política de gastos, di que vai destinar a transferencias correntes e subvencións un total de 1.328.084,12 euros.

 

Con todo, se atendemos ao Plan Estratéxico de Subvencións de Ames para o período 2019, observamos só recóllense aproximadamente a metade de liñas de subvencións por un importe total de 327.733,00 euros, é dicir, o 57,43% do importe orzamentado para subvencións a persoas e entidades asociativas non poderá outorgarse por non atoparse apoiado no Plan Estratéxico de Subvencións.

 

En materia de subvencións, o artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións (lei 38/2003) establece, con carácter previo ao establecemento de calquera subvención, a necesidade do Plan Estratéxico, o cal funciona como garantía de eficacia na asignación dos recursos públicos. Este plan debe recoller os obxectivos e efectos que se pretenden coas devanditas subvencións, así como o prazo de consecución, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento. Estamos, por tanto ante un requisito esencial cuxo cumprimento non pode eludirse, por iso, a xurisprudencia do Tribunal Supremo ha declarado a nulidade das convocatorias de subvencións que non foron precedidas polo correspondente plan estratéxico municipal de subvencións.

 

Xa por último, os socialistas poden “presumir de deixar sen subvencións a Cáritas Milladoiro por cuarto ano consecutivo, os mesmos que levan gobernando en Ames. Esta ONG é a máis representativa e a que máis actividade programa, o que demostra a falta de sensibilidade dun goberno cuatripartito que ata o final do mandato exerceu políticas alleas aos intereses de Ames converténdose no primeiro da historia que retirou as axudas a Cáritas. Un feito reprochado polos populares e que a socialista Luisa Feijóo defendía argumentando que non se presentaran por concorrencia competitiva. Un feito co que agora queda en evidencia ao por en risco o 50% das subvencións recollidas no propio Orzamento.

 

 

 

 

 

Deja una Respuesta