IMG_4020

Os Veciños de Brañas dos Alféreces piden que se aclare a titularidade dunha rúa

A veciñanza de Brañas dos Alféreces coñeceu recentemente que a rúa colindante coa urbanización dos Rosales é de titularidade privada, feito que suscitou grande sorpresa tendo en conta as actuacións que levara a cabo o Concello na mesma. No ámbito das súas xestións cotiás, a citada Mancomunidade de veciños, de man da súa directiva, recibiu con estrañeza esta nova sobre a privacidade da rúa, a pesares do cal, o Concello levara a cabo diferentes actuacións propias do ámbito da súa xestión municipal.

Esta circunstancia xera unha grande incertidume na veciñanza, pola ambigüidade que supón a natureza desta rúa. Amais, o feito de que sexa privada podería provocar limitacións importantes para a veciñanza colindante, que fai uso cotián dela como lugar de acceso aos edificios.

Ante esta situación, membros do grupo popular reuníronse cos presidentes de varias comunidades de veciños para obter información das diferentes problemáticas e abordar o caso concreto da citada rúa. Nese encontro, celebrado na propia urbanización e ao que asistiron os cinco presidentes da Mancomunidade encabezados por Abel Lobato así como os concelleiros José Manuel Guerra, María Vázquez e Antonio R. Sánchez, os populares puideron coñecer de preto esta problemática así coma outras cuestións que lle afectan á veciñanza de Montouto.

Limitación do acceso a vehículos de emerxencias

Uns metros máis arriba da rúa sinalada, a praza da urbanización posúe un sinal vertical segundo a cal se establece a prohibición para circular a calquera tipo de vehículo "agás vehículos autorizados e emerxencias". Non obstante, o acceso cunha ambulancia ou camión de bombeiros resulta inviable debido á ordenación dos elementos urbanos que rodean a praza e o bloqueo do acceso ao recinto cunhas prazas de estacionamento. Estas circunstancias provocarían a perigosa situación de que, ante unha emerxencia, os vehículos tiveran totalmente limitado o acceso aos edificios.

Ante isto, o concelleiro popular Antonio R. Sánchez, solicitou formalmente á Alcaldía a pasada semana que o goberno local realice as accións pertinentes que permitan habilitar unha zona de acceso suficiente para garantir a entrada dos servizos de emerxencias.

Deja una Respuesta