OLI-FOTO

Oliva Agra, nova voceira do Grupo Municipal Popular do Concello de Ames

O Grupo Municipal Popular ven de nomear a María Oliva Agra Costoya coma nova voceira no Concello. No pasado pleno do 29 de decembro tomouse coñecemento da renuncia de Alberto Piñeiro, que ata ese momento e dende xaneiro viña desenvolvendo o traballo como voceiro. A partires de ahí, os concelleiros que actualmente forman o Grupo Popular de Ames decidiron, por unanimidade, reestruturar o seu organigrama.
Así, Oliva Agra asumirá o papel de voceira, con Javier Olmo ocupando o posto de voceiro axunto, se ben o resto de concelleiros actuarán como voceiros suplentes..
Oliva Agra, que recentemente foi nomeada presidenta da Xunta Xestora que rexe actualmente o PP de Ames, afirma que “traballará sen descanso polos intereses dos veciños”, ao tempo que asegura que “o Grupo Popular seguirá traballando a reo con seriedade dende a oposición para recuperar a alcaldía no ano 2019”.
Oliva Agra solicitará entrevistarse co alcalde, José Miñones, en “aras da normalidade institucional do Concello”, ao tempo que indicaba que espera “un cambio de actitude no trato do goberno tripartito coa oposición”.
Perfil de Oliva Agra
Nada no ano 1973, Oliva Agra é natural de Milladoiro. Casada e con dúas fillas, actualmente presidenta da Xunta Xestora do PP de Ames, e afiliada ao Partido dende o ano 1991.
Oliva Agra estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela, e exerce como Asesora Fiscal no Milladoiro dende fai 14 anos.
Foi membro activa da ANPA da Escola Infantil Municipal A Madalena de Milladoiro.

Deja una Respuesta