FOTO CONGRESO

Oujo presidirá un PP “unido e ilusionado” para afrontar os retos de Porto do Son

Luís Oujo foi elixido esta tarde presidente do Partido Popular de Porto do Son co 100% dos votos emitidos no congreso local que os populares celebraron na Casa da Cultura deste municipio.

No seu discurso, xa como máximo responsable da agrupación local, e acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e polo vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Oujo asegurou que desta cita os populares salguen “máis unidos, con máis ganas de traballar e con maior ilusión” para afrontar con garantías os retos do futuro de Porto do Son.

Oujo aproveitou a súa intervención para dar as grazas aos militantes, simpatizantes e veciños do municipio, que son “a principal razón e o único motivo” polo que decidiu dar este paso.

“Aquí ninguén é máis que ninguén, as portas do partido están abertas para todos aqueles que teñan algo que achegar”, indicou o presidente local, quen tamén tivo palabras de recoñecemento para todas as persoas que traballaron con anterioridade para que o PP de Porto do Son lograse uns resultados “históricos” nas últimas citas electorais.

Comunicación bidireccional
Noutra orde de cousas, aproveitou o seu discurso para comprometerse a ser o “altofalante” de todos os veciños, e asegurou que trasladará “a quen faga falta e onde faga falta” os problemas e as necesidades que lle faga chegar a xente de Porto do Son.

“Podedes estar seguros de que este equipo non deixará nin unha parroquia, nin ningún bario sen percorrer”, dixo Oujo, quen insistiu na idea de facer do Partido Popular local unha formación “máis participativa e máis próxima” como único camiño para armarse mellor de cara ás municipais do 2019.
Un alcalde exemplo de xestión
Pola súa banda, Diego Calvo puxo a Luís Oujo como exemplo do que ten que ser un alcalde “responsable e comprometido” cos seus veciños, á vez que destacou o seu labor ao fronte do executivo local durante o que vai de mandato.
“Hoxe Porto do Son é moito mellor que hai uns anos e hoxe hai moitas máis oportunidades para todos os que vivides aquí”, dixo o presidente provincial, quen cargou contra outros rexedores que “din e prometen moito, pero o que vemos é que despois, de xestión, nada de nada”.

Calvo subliñou que, en Porto do Son, a súa formación inicia unha serie de congreso que servirán para renovar o partido tal e como prometeu no seu primeiro discurso como presidente provincial, de face a afrontar con “máis forza si cabe” as eleccións do ano 2019.

Por último, Miguel Tellado recalcou a “importancia” de manter a actividade do partido, e subliñou a “necesidade” de non perder o “pulso coa rúa”, á vez que fixo fincapé no goberno “estable e rigoroso” que representa Luís Oujo en Porto do Son, fronte ao “espectáculo e ao caos” dos que din nun lugar unha cousa e noutro a contraria.

CANDIDATURA
CANDIDATURA (1) (1)

Deja una Respuesta