images

Paula Prado defende que as contas da Xunta apostan por Santiago e a comarca

A parlamentaria autonómica, Paula Prado, asegurou esta mañá que a “Xunta de Galicia volve a amosar, coas súas contas para o ano 2019, o seu compromiso con Santiago capital e a súa comarca” e que reflictan “os desexos dos cidadáns ao contemplar unha importante baixada de impostos e uns números que permitirán que Galicia siga medrando máis que o resto de España”.

 

Prado destacou o importante esforzo inversor que o Goberno galego está a facer en materia de infraestruturas, onde aportará uns 2,4 millóns de euros no acondicionamento da estrada que une as localidades de Portomouro e Santa Comba (AC-406), unha actuación moi demandada polos veciños e os usuarios desta vía.

 

Así mesmo, a parlamentaria Popular subliñou unha nova partida de 800.000 € para a estrada AG-59 entre A Ramallosa e A Estrada ao seu paso pola localidade coruñesa de  en Teo. Pola proximidade Santiago e as súa comarca tamén hai que destacar un investimento do Executivo autonómico doutros 1,2 millóns de euros contemplados na provincia de Pontevedra no Concello da Estrada.

 

Nos orzamentos da Xunta para a área de Santiago tamén existen cantidades en materia de saneamento, concretamente, 384.329 € para nova rede de saneamento no rural en Vedra; 236.000 € nas parroquias de Lestedo e Sergude (Boqueixón); e 175.000 € para saneamento da parroquia de Santa María en Melide. Ademais duns 400.000 € para o abastecemento das parroquias de Moar e Añá (Frades).

 

Prado tamén remarcou os investimentos do Goberno galego para melloras de eficiencia enerxética en centros educativos de Teo, onde se investirán 300.000 euros. Non obstante, unha das cantidades más importantes é a destinada a actuacións en patrimonio cultural na localidade coruñesa de Sobrado dos Monxes, cuns 1,4 millóns de euros.

 

Así mesmo, a deputada galega tamén destacou os máis de 800.000 € que a Xunta investirá en actuacións en centros de saúde en Ames e outros 400.000 € para actuacións no de Melide. No eido da educación, o Executivo autonómico aportará 100.000 € para novo CEIP de Ames e 700.000 € para ampliación do CPI de Vedra.

 

 

 

Deja una Respuesta