instalaciones_deportivas_en_el_parque_luis_pasin_en_conxo-santiago_de_compostela_foto_7

Pídelle unha mellora na iluminación das zonas deportivas do parque Luís Pasín

O Grupo Municipal Popular solicitará no vindeiro Pleno ao Goberno de Martiño Noriega que se instale unha iluminación de alto rendemento e baixo custo na pista polideportiva do parque Luís Pasín, na parte traseira do Politécnico, entre as rúas Rosalía de Castro e Avenida de Ferrol.

Esta área deportivas é empregada diariamente por numerosos usuarios e, ao contrario do que acontece nas zonas de tránsito dos arredores, non dispón dunha iluminación que permita alongar as horas de práctica deportiva en canto cae a noite.

Desde o grupo municipal do Partido Popular, considérase que sería sinxelo e factible  implantar de forma económica esa medida con tecnoloxía led, co valor engadido que suporía esa nova iluminación tamén para o confort a seguridade de todo o ámbito.

O parque público dedicado a Luís Pasín -delimitado polas rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Avenida de Ferrol e Doutor Maceira- presta un importante servizo á veciñanza, sobre todo, dos barrios de Conxo e Santa Marta, que o teñen como unha das súas referencias para os seus momentos de lecer.

Trátase dun lugar axeitado para as crianzas, que fan uso da área de xogos infantís na súa zona central, e para o conxunto da poboación que dispón dunha ampla zona verde para pasear, descansar e mesmo xantar, aproveitando o seu mobiliario, que aínda se encontra pendente dunha mellora, que o Grupo Municipal que dirixe Agustín Hernández solicitara recentemente a través doutra iniciativa plenaria.

Hai algo máis dun mes, os Populares tamén solicitaban ao Goberno de Compostela Aberta que se revisasen as condicións que presenta este parque, sobre todo, en relación ao estado dos bancos e das varandas de madeira situados na contorna superior da área de xogos.

O Parque Luís Pasín é unha das máis importantes zonas verdes do sur da cidade. Foi inaugurado no ano 2003, ocupando unha superficie de 20.000 metros cadrados, entre as rúas Emilia Pardo Bazán, José Ángel Valente e Doutor Maceira.

 

 

Deja una Respuesta